viernes, 11 de mayo de 2012

Concentración de Cedeira 2012

O pasado sábado 5 Maio organizamos outro ano máis a concentración cabalar de Cedeira, publicamos unha fotos de recordo. Agradecerlle a Xosé Cheda a súa cesión para este blog.













Desde a Asociación Ecuestre A Crina queremos agradecer a colaboración a todos aqueles que axudaron a sacar a concentración adiante: todos os establecementos que fixeron o seu donativo, ó Concello de Cedeira e os seus traballadores, membros de Policía Local e Protección Civil, e a todos aqueles que se acercaron por alí a disfrutar do día.

jueves, 15 de diciembre de 2011

Cea en Leira Antiga



Este sábado, 17 de decembro, os socios e amigos de A Crina teremos unha nova ocasión de xuntarnos antes de rematar o ano.


Haberá un cea, ás 9 da noite na Leira Antiga, en Piñeiro (Cedeira), será gratuita para os socios, e costará 20 euros para os non socios.

¡Vémonos o sábado!

Prégase confirmar do mesmo xeito de sempre.

jueves, 1 de septiembre de 2011

Ruta a San andrés de Teixido


Dentro das actividades que A Crina ven desenvolvendo, o 3 de setembro haberá unha ruta a cabalo ata San Andrés.

A saída será do polígono da Xunqueira (Cedeira)as 10:30.

Os socios poderán levar acompañantes.

O precio: 15 € para os socios e 20 para os non socios.

Para apuntarse, no teléfono habitual 656 303 789

¡Vémonos!

jueves, 25 de noviembre de 2010

Cena Baile o 4 de Decembro




Seguindo coas actividades da nosa asociación hai organizada para o 4 de Decembro unha cea-baile para os nosos socios e os acompañantes que queiran levar:

Vaise facer no
Restaurante Calzada Romana, nas Barrosas, a partir das 10 da noite, contando co seguinte menú:

- De primeiro teremos callos
- De segundo cabrito estofado
- Haberá postre , café e chupitos


E despois a bailar.

Prezos: GRATIS PARA SOCIOS e 20 € para os non socios.


Para anotarse, como sempre, chamando ao 656 303 789 con 3 días de antelación.


Aproveitando a xuntanza o que queira xa poderá pagar a cuota do ano 2011.

Vémonos nas Barrosas

martes, 12 de octubre de 2010

Próxima actividade: Ruta por Cariño



Seguindo coas actividades programadas temos o placer de convidar a socios e simpatizantes a unha ruta a cabalo en Cariño o próximo 16 de outubro.

O lugar de encontro para a saída será no escolar de Cariño as 10h da mañá.


Como non, repoñeremos forzas cunha comida no mesón de San Xiao, así como algunha parada para tomar uns pinchos.


O menú da comida será o seguinte:
-Mexillós
-Churrasco, criollo e patacas
-Postre e café

Os socios terán que pagar 15 euros, e os non socios 20 euros.


Para apuntarse, chamando ao 656 303 789

Nota: xa estamos no outono e o tempo pode xogarnos unha mala pasada, pero aínda que non se poda facer a ruta o xantar celebrarase de todos xeitos.


¡Vémonos en Cariño!