jueves, 25 de noviembre de 2010

Cena Baile o 4 de Decembro




Seguindo coas actividades da nosa asociación hai organizada para o 4 de Decembro unha cea-baile para os nosos socios e os acompañantes que queiran levar:

Vaise facer no
Restaurante Calzada Romana, nas Barrosas, a partir das 10 da noite, contando co seguinte menú:

- De primeiro teremos callos
- De segundo cabrito estofado
- Haberá postre , café e chupitos


E despois a bailar.

Prezos: GRATIS PARA SOCIOS e 20 € para os non socios.


Para anotarse, como sempre, chamando ao 656 303 789 con 3 días de antelación.


Aproveitando a xuntanza o que queira xa poderá pagar a cuota do ano 2011.

Vémonos nas Barrosas

martes, 12 de octubre de 2010

Próxima actividade: Ruta por Cariño



Seguindo coas actividades programadas temos o placer de convidar a socios e simpatizantes a unha ruta a cabalo en Cariño o próximo 16 de outubro.

O lugar de encontro para a saída será no escolar de Cariño as 10h da mañá.


Como non, repoñeremos forzas cunha comida no mesón de San Xiao, así como algunha parada para tomar uns pinchos.


O menú da comida será o seguinte:
-Mexillós
-Churrasco, criollo e patacas
-Postre e café

Os socios terán que pagar 15 euros, e os non socios 20 euros.


Para apuntarse, chamando ao 656 303 789

Nota: xa estamos no outono e o tempo pode xogarnos unha mala pasada, pero aínda que non se poda facer a ruta o xantar celebrarase de todos xeitos.


¡Vémonos en Cariño!

miércoles, 11 de agosto de 2010

Fotografías da Ruta. Agosto 2010.

Aquí temos algunhas fotos da última ruta.
O fotógrafo pide disculpas por non poder ir máis cedo, polo que so temos algunhas da carreira e entrega de trofeos. Calquera que teña máis fotos pode compartilas e poñeranse no album.




viernes, 23 de julio de 2010

Próximas actividades



O día 7 de agosto haberá unha ruta a cabalo, sairase ás 10:00 h da Xunqueira, Cedeira, hacia A Capelada, ao chegar á zona do curro onde se fai a R
apa das Bestas haberá unha gran churrascada para todos os asistentes.

Xa pola tarde, despois da comida haberá probas de marcha e galope, con premios para os tres primeiros clasificados de cada proba.


Entrega de trofeos da xuntanza do ano pasado

O prezo da comida é de 15 € para socios e de 20 € para os non socios.

Para apuntarse ou informarse mellor podedes chamar ao 656 303 789.
Prégase avisar con 3 días de antelación.